11 feb 2011

Fin do inverno


Pouco a pouco vai despertando e desperezándose todo ao noso redor. Vai pasando o inverno, os días xa se notan longos. Pronto estoupará a vida e todo se encherá de brotes, cantos, cores e todo tipo de sons... Eu sigo con ganas de inverno, de quietude, de silencio, de calma, de recollimento... É como se aínda estivese esperando a que chegue.

1 comentario:

  1. A nai natureza é sabia ... non pode ser inverno todo o ano. Noutras estacións tamén existe a calma e a quietude ...

    ResponderEliminar