3 ago 2010

Actitude

Todo está na actitude que queiramos adoptar ante a vida. Sempre temos capacidade de elección, sempre. Sempre podemos decidir cómo queremos vivir. Incluso en situacións extremas, sempre temos a capacidade de elexir cómo queremos encarar a vida. Hai un libro estupendo que fala disto, "El hombre en busca de sentido", de Viktor Frankl, no que conta a súa vida nun campo de concentración e da a entender cómo incluso nesa situación, se pode elexir como encarar o que hai.

Eu tamén podo elexir. Co que hai, podo elexir quedarme vexetando, lamentándome, ou abrir o corazón, mirar para a fora e decidir disfrutar o meu día a día, co que hai, co que ten, e deixar que pouco a pouco vaia pasando este momento e vaia dando paso a outra cousa.

1 comentario:

  1. Confianza en tus decisiones, confianza en el siguiente paso a dar. Aunque te desgarre el dolor.

    ResponderEliminar