6 may 2010

Primaveira

Primaveira. As plantas estoupan en cores e fragancias, aparecen flores e brotes, aparecen os cortexos dos animais, nacen as primeiras crías... É todo un estoupido de vida, aparece con toda a súa forza despois dos meses de parada invernal, e pódese ver e sentir por todas partes.
Encántame a primaveira, encántame a vida que ten, a forza que trae... gústame cando comezan a despertar as árbores, cando comezan a hincharse as xemas, gústame cando aparecen as primeiras margaritas nos prados, gústame cando hai flores e sementes de dente de león por todas partes, que podemos coller e espallar con un soplido, gústame a súa exuberancia, ver miles de flores de miles de cores, as bolboretas, as abellas e abellóns que comezan a aparecer de novo zumbando xunto ás flores, os paxaros que se oen por todas partes. É unha maravilla.