13 mar 2010

Sábado pola mañán. O ceo está azul e entra o sol polas ventanas da casa... un día maravilloso.
Hai que deixarse de historias e disfrutar o día que temos, é un día perfecto para facer o que se queira, para estar na casa facendo cousas tranquilamente, para sair dar un paseo polo parque e alimentarse cos primeiros raios de sol, para baixar hasta o centro e meterse no bullicio da cidade, para coller as bicis e dar un paseo nelas... é un día perfecto para facer o que apeteza, calquera cousa menos quedar enganchada nesta enerxía tan paralizante que me envolve e me atrapa.
"O que teña que suceder sucederá, tanto se tes medo como si non". Esta frase dicíallo o maestro a Kwai Chang Caine na serie de televisión Kung Fu. Vénseme moito á cabeza esta frase últimamente, é unha maneira de dicirme a min mesma que non lle de tantas voltas ás cousas, que non analice tanto as posibilidades e incertezas dun futuro que é incontrolable e que non deixa de ser iso, futuro, algo non real, e total, por moitas voltas que se lle de e por moito que nos rompamos a cabeza, o que teña que suceder sucederá. O que existe e é real é o agora, o presente. Está claro que non podemos esquecernos do futuro, as nosas accións do agora poden marcar en certa maneira como vaia ser o presente de mañán, pero o que temos é o agora, o futuro non deixa de ser un soño, algo que non existe e non temos e se pasamos o tempo pensando e vivindo niso, perdemos o tempo do presente, deixamos de disfrutalo, pasamos estos momentos irrepetibles, únicos e que non van volver, coa cabeza posta no irreal. Trátase de vivir a vida, disfrutar o presente ao máximo coa confianza de que o mañán será venturoso, veña como veña. Hai que confiar na vida, abrirnos ao que veña e estar moi presentes no agora, nos que nos rodean, nos que inflúen en nós, nos motivan e nos fan sentir, e disfrutar deles, e considerarnos afortunados por ter xente ao noso redor á que queremos e que nos quere, sentir ese amor que damos e que recibimos, impregnarnos del, e nada máis, o resto virá dado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario